Unha tese dirixida polo grupo SING, premiada na Pont-Up Store en Pontevedra

TESTO pasado venres 20 de outubro, o doutor Rubén Domínguez Carbajales recibiu un dos premios de innovación e emprendemento á mellor tese de doutoramento entregados pola Universidade de Vigo no evento Pont-Up Store en Pontevedra. Con estes premios, a UVigo busca recoñecer traballos académicos que propoñan o desenvolvemento de novos produtos e servizos cun potencial nicho de mercado ou orientados a xerar un proxecto que poida contribuír á creación dunha iniciativa empresarial. Esta convocatoria é froito dun convenio asinado coa Xunta de Galicia “para fomentar o emprendemento universitario”, financiada con 20.000 euros procedentes da UE-Next Generation.
A vicerreitora do campus e o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais outorgaron o premio, dotado con 1600 euros, pola tese titulada Deseño dun sistema CAD en colonoscopia baseado en aprendizaxe automática, desenvolvida no contexto do proxecto PolyDeep e dirixida polos doutores Miguel Reboiro Jato e Hugo López Fernández.
October 7th, 2024